Xabarín

Máis visualizacións

Xabarín
Prezo sen IVE: €15,29

Dispoñibilidade: En stock

Xabarín de peluche.
Descrición

Detalles

O xabarín ou porco bravo é o avó dos nosos porcos domésticos.

Os xabaríns adoitan vivir en zonas boscosas e con mato denso, aína que tamén gustan das brañas e lugares asulagados e enlamados. Na Galiza poden ser vistos dende a beira mesma do mar ate as zonas máis altas do macizo dos Ancares.

O xabarín, especialmente o macho adulto, foi considerado dende antigo como un símbolo de bravura e carraxe. De feito, foi o símbolo de lexións romanas como a XX Valeria Victrix ou a X Fretensis. Así mesmo, a trompa celta ou Carnyx adoitaba representar na súa campá a cabeza dun xabarín.

No caso galego, o xabarín foi animal común na heráldica, e incluso o sartego do señor feudal Fernán Pérez de Andrade o Bo está aguantado polas estatuas dun oso e mais un xabarín.

Por outra banda, os seus cairos eran considerados amuletos protectores, e adoitaban levarse enriba para se protexer do mal de ollo.

Información adicional

Ancho 165 mm
Alto 180 mm
Longo 350 mm
Grosor Non
Proporcións Non
Peso 256 g
Información extra Non
Prezo €18,50
Valoracións

Etiquetas do produto

Utilice espazos para separar etiquetas. Utilice comiñas simples (') para as frases.