Política de Privacidade

 Esta política de privacidade establece como Galician Gifts usa e protexe calquera información cando se utiliza o noso sitio web. Galician Gifts comprométese a garantir que o teu privacidade está protexida. Se che pedimos que nos proporciones certa información, pola cal podes ser identificado ao usar este sitio web, podes estar seguro de que só se utilizará de acordo con esta declaración de privacidade. Galician Gifts pode cambiar esta política de cando en vez ao actualizar esta páxina. Ti debes visitar esta páxina de cando en vez para asegurarte de que estás satisfeito cos cambios.

Que recompilamos?

Temos que recompilar a seguinte información:

  • Nome
  • Información de contacto, incluida a dirección email
  • Información demográfica como código postal, preferencias e intereses
  • Outra información referente a sondeos de cliente  e / ou ofertas

Para comprobar a exhaustiva lista de cookies que recompilamos podes acceder a esta sección: XXXXXXX

Que facemos coa información que recompilamos?

Necesitamos esta información para entender as túas necesidades e ofrecerche un mellor servizo, e en particular polas seguintes razóns:

  • Mantemento de rexistros internos.
  • Podemos utilizar a información para mellorar os nosos produtos e servizos.
  • Podemos enviar periodicamente correos electrónicos promocionais sobre novos produtos, ofertas especiais ou outra información que pensamos que pode resultar interesante á dirección de correo electrónico que nos proporcionaches.
  • De cando en vez, tamén podemos utilizar a túa información para comunicarnos contigo para fins de investigación de mercado. Podemos comunicarnos contigo por correo electrónico, teléfono, fax ou correo. Podemos utilizar a información para personalizar o sitio web de acordo aos teus intereses.

Seguridade

Comprometémonos a asegurar que a túa información está segura. Co fin de evitar o acceso non autorizado ou divulgación, puxemos en marcha procedementos físicos, electrónicos e administrativos axeitados para salvagardar e asegurar a información que recompilamos online.

Como usamos as "cookies"?

Unha “cookie” é un pequeno arquivo que pide permiso para ser colocado no disco duro do teu ordenador. Unha vez que estás conforme, o arquivo engádese e a “cookie” axuda a analisar o tráfico web, ou lle permite saber cando visitas un sitio en particular. As “cookies” permiten as aplicacións web para responderche a ti como individuo. A aplicación web pode adaptar as súas operacións ás túas necesidades, gustos e aversións para reunir e recordar a información sobre as túas preferencias.

Utilizamos “cookies” de rexistro de tráfico para identificar que páxinas se están a utilizar. Isto axúdanos a analisar datos sobre o tráfico web, e mellorar o noso sitio web co fin de adaptalo ás necesidades do cliente. Só utilizamos esta información para fins de análise estatística e logo os datos elimínanse do sistema.

En xeral, as “cookies” axúdannos a ofrecerche un mellor sitio web, pois nos permiten controlar as páxinas que atopas útiles e aquelas que non. Unha “cookie” de ningún xeito nos dá acceso á túa computadora ou a calquera información sobre ti, excepto os datos que ti decidas compartir connosco. Podes elixir entre aceptar ou rexeitar as “cookies”. A maioría dos navegadores web aceptan automáticamente as “cookies”, pero podes modificar a configuración da túa navegador para rexeitar “cookies” se o prefires. Isto pode evitar que ti tomes completo proveito da páxina web.

 GalicianGifts.com tamén usa cookies de seguimento de remarketing de 3º proveedor asociado, incluindo a cookie de seguimento de Google Adwords. Isto quere dicir que imos seguir amosando anuncios aos usuarios a través de Internet, e en concreto na rede de contido de Google (GCN). Coma sempre respetamos a tua privacidade e non estamos recollendo información de identificación sen a tua precisa autorización, por medio de Google ou calquera outro sitema de remarketing por parte de terceiros.

 Os proveedores de terceiros como, como Google, do que estamos a usar servizos, porán cookies nos navegadores web coa fin de publicar anuncios baseados en visitas feitas con anterioridade ao noso sitio web. Isto permítenos facer ofertas especiais e seguementos para comercializar os nosos produtos a aqueles que amosaran interese na nosa tenda.



Enlaces entre outros sitios web

O noso sitio web pode conter ligazóns a outros sitios de interese. Con todo, unha vez que utilices estas ligazóns para saires do noso sitio, debes ter en conta que non temos ningún control sobre esoutro sitio web. Polo tanto, non podemos ser responsabeis da protección e privacidade de calquera información que nos proporciones ao visitar estes sitios, e estes sitios non se rexen por esta declaración de privacidade. Debes ter coidado e ler a declaración de privacidade aplicable ao sitio web en cuestión.

Controlando a túa información persoal

Podes optar por restrinxir a recopilación ou o uso da túa información persoal dos seguintes xeitos:

  • Cada vez que se che pide que completes un formulario no sitio web, busca a casilla na que podes facer clic para indicar que non desexas que a información poida ser utilizada por calquera persoa con fins de marketing directo.
  • Se previamente acordaches connosco usar a túa información persoal para fins de marketing directo, podes cambiar de opinión en calquera momento, informándonos por carta a Galician Gifts / Rua Monte dous Postes 41 /15703 Santiago de Compostela / Galicia-Spain ou por correo electrónico a [email protected]

Non imos vender, distribuír ou ceder a túa información persoal a terceiros a menos que teñamos o teu permiso ou esteamos obrigados por lei a facelo. Podemos utilizar a túa información persoal para enviarche información promocional sobre terceiros, xa que pensamos que pode resultarche interesante se nos indicas que desexas que isto suceda.

Podes solicitar detalles da información persoal que temos sobre ti en virtude da Lei Orgánica de Protección de Datos. Si desexas unha copia da información retida sobre ti, escrebe por favor a: Galician Gifts / Rua Monte dous Postes 41 /15703 Santiago de Compostela / Galicia-Spain ou ao noso email [email protected]

Si crees que calquera información que temos sobre ti é incorrecta ou incompleta, por favor escríbenos ou envíanos un correo electrónico axiña que como sexa posible, á dirección ou conta email anteriormente indicadas. Canto antes corrixiremos calquera información que sexa incorrecta.

Lista de cookies que recompilamos

A seguinte táboa mostra as “cookies” que recompilamos e da información que almacenan:

COOKIE nameCOOKIE Description
CART Está asociada ao teu carriño de compras
CATEGORY_INFO Almacena a información de categorías da páxina, que permite amosar as páxinas con maior rapidez
COMPARE Compara os artigos que tes na "Compare Product List"
CURRENCY A divisa que prefires
CUSTOMER Unha versión cifrada do teu identificador de cliente coa tenda
CUSTOMER_AUTH Un indicador de se estás rexistrado na tenda
CUSTOMER_INFO Unha versión encriptada do grupo de clientes ao que pertences
CUSTOMER_SEGMENT_IDS Almacena os segmentos do teu perfil de cliente
EXTERNAL_NO_CACHE Unha sinal que indica si a caché está deshabilitada ou non
FRONTEND O teu identificador de sesión no servidor
GUEST-VIEW Permite aos visitantes do sitio web que editen os seus pedidos
LAST_CATEGORY A última sección que visitaches
LAST_PRODUCT O produto máis recente que viches
NEWMESSAGE Indica se foi recibida unha nova mensaxe
NO_CACHE Indica se está permitido o uso da caché
PERSISTENT_SHOPPING_CART Unha ligazón á información sobre o teu carriño e sobre a historia do que viches, se así lle foi requerido ao sitio web
POLL A información sobre calquera enquisa na que tiveras participado recentemente.
POLLN Información sobre as enquisas nas que votaches
RECENTLYCOMPARED Os artigos que comparaches recentemente
STF A información sobre os produtos que enviaches por correo electrónico aos teus amigos.
STORE A vista de tenda ou lingua que selecionaches
USER_ALLOWED_SAVE_COOKIE Indica se un cliente permite o uso de "cookies"
VIEWED_PRODUCT_IDS Os produtos que viches recentemente
WISHLIST Unha lista cifrada de produtos engadidos a tua "Lista de desexos" ou "Wishlist"
WISHLIST_CNT O número de artigos na tua "Whishlist"