- Descrición
-
Detalles
“Patrimonio Inmaterial de San Martiño de Salcedo. Lendas, historias e crenzas”
Este libro é froito dos anos de recollida nesta parroquia pontevedresa. Ducias de xenerosos informantes, horas e horas de conversas enriquecedoras, anos de recollida plasmados en 570 páxinas de lendas, historias, crenzas, tradicións, remedios, contos, xeografías míticas e outros tesouros orais da parroquia de San Martiño de Salcedo. Unha pequena mostra do noso patrimonio inmaterial, auténtica cultura dun pobo. Portada do João Bieites, ilustracións de Francisco Sutil Barbosa e Miryam Quintía e con prólogo de Buenaventura Aparicio Casado.
San Martiño de Salcedo, a terra dos salgueiros, é unha parroquia con forte personalidade propia que afunde as súas orixes no pasado máis remoto. Os seus penedos agochan en silencio a milenaria linguaxe que gravaron os nosos devanceiros. Os seus cumios gardan a semente da nosa cultura. San Martiño de Salcedo é un universo mítico sobre o que se teceron historias, conto, lendas e crenzas construídas polas xeracións que habitaron estas fértiles terras penduradas sobre a vila de Pontevedra. O antropólogo Rafael Quintía recolle neste extenso traballo etnográfico unha boa mostra da riqueza cultural do patrimonio inmaterial desta parroquia pontevedresa que antano foi concello.
Autor: Rafael Quintía
Editorial: Sociedade Antropolóxica Galega
Impresión: Branco e negro
Tamaño: 20.5×15 x 3.3cm / 8.07x 5.9 x 1.29 In
570 páxinas. Capa branda.
Ano: 2014
Peso: 744g / 26.24oz
- Información adicional
-
Información adicional
Descrición “Patrimonio Inmaterial de San Martiño de Salcedo. Lendas, historias e crenzas”

Autor Non Información extra Non Ancho Non Alto Non Longo Non Proporcións Non Peso Non Grosor Non Prezo €17,50 - Valoracións
-