Se a túa compra é enviada por unha empresa de transportes, vai facer unha primeira entrega e se non é posibel facelo, probara poñerse en contacto chamándote ao teléfono que nos facilites para organizar a entrega. Entón, atento ao teléfono se ves que a túa entrega estase a demorar alguns dias. Neste suposto aconsellamosche que chames ou nos escrebas , xa que o envío pode vir de volta tras reiterados intentos de contactar contigo, e iso xa non será da nosa responsabilidade. No suposto de que recibamos esa devolución da mercancía, farémosche un reintegro do importe da compra sen os gastos de envío.
Ainda así, chegado este suposto, sempre nos poriamos en contacto contigo previamente para concretar a posibilidade e gastos adicionais dun segundo envío.
Se a túa compra é enviada por correo certificado, Correos fará dous intentos de entrega, no primeiro vai ao enderezo indicado, no segundo deixará unha folla co nome do destinatario, dicindo que ten un paquete de GalicianGifts, e indicando que o ten que retirar na oficina dos correos que determinen, téndose que acreditar a persoa destinataria. Se con todo o envío ven devolto, intentaremos primeiramente contactar de novo contigo por se é posíbel reenvialo. Se non é así, farémosche reintegro dos gastos da compra mais sen os gastos de envío.