DOCUMENTAL DVD - MONTE DO SEIXO - A Montaña Máxica

More Views

DOCUMENTAL DVD - MONTE DO SEIXO - A Montaña Máxica
Excl. Tax: €8.22

Availability: In stock

Documental DVD - Monte do Seixo - A Montaña Máxica

Antropoloxía Galega. Tradición Oral e Ritual

Description

Details

  Na Co. Tabeirós - Terra de Montes, o Monte do Seixo é unha das montañas sagradas máis espectaculares e á vez máis descoñecidas de Galicia. Aglutina nun espazo de 10Km2 tal número de lugares de culto, restos megalíticos, pedras sagradas, seres míticos e lendas asociadas ao contorno que converten esta mole pétrea nunha especie de parque temático do paganismo galaico máis ancestral.

  "O Monte do Seixo é a montaña da totémica serpe, a montaña da fertilidade, das encrucilladas, dos oráculos, do Alén; a montaña do sol e da lúa, a montaña dos nosos deuses primixenios representados en toda a súa magnificencia". Durante 125 minutos, o documental teatraliza as lendas, os ritos, as historias vellas e actuais ao redor da montaña máxica.

  Podemos ver e escoitar a testemuña directa dos depositarios da tradición, da memoria do que foi e do que é o santuario perdido dos celtas galegos. Mámoas, petroglifos, gravados de termo, a ara solis da Cruz do Seixo, o Portalén ou Porta ao Outro Mundo, a pedrafita do Marco do Vento os milladoiros da Fonte da Urce e Onde Morreu o Home, as rodeiras do Campo Xuncal, no camiño real de Pontevedra a Ribadavia, o unicornio e outros seres feéricos, a neveira de Cimadevila, O Castro Grande, os lobos e lobishomes, a Laxa Mosqueira, penedo de fertilidade ou ata vellas referencias como as que deu do lugar Frei Martiño Sarmento.

  Un traballo audivisual coma nunca se ten feito sobre a mitoloxía e o folklore galegos, onde animación, dramatización, o relato dos maiores ao pé da lareira e o percorrido por todo o santuario fan deste documental un traballo pioneiro e imprescindíbel para todos os que amamos a cultura galega. 
 
DVD: Monte do Seixo - A Montaña Máxica
Autor: Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca
Duración: 125 Minutos
Additional Information

Author No
Extra Information No
Width No
Height No
Length No
Proportions No
Weight No
Price €9.95
Reviews

Product Tags

Use spaces to separate tags. Use single quotes (') for phrases.